Convocatoria para contratación laboral temporal de tres peóns/peoas forestais, programa Aprol Rural
EXP: 2025/E001/000002
Mediante Resolución de Alcaldía núm. 362/2025, de 27/05/2025 aprobáronse as bases para a contratacion laboral temporal de tres peóns/peoas forestais para a Xestión de biomasa e limpeza de montes no Concello de Laxe, programa Aprol Rural 2025, previa preselección realizada pola oficina do Servizo Público de Emprego de Carballo. O Concello presentará unha oferta de emprego para estes postos na oficna do Servizo Público de Emprego de Carballo que será a encargada de xestionar a oferta e remitir unha lista de persoas candidatas.