Sede electrónica Concello de Laxe

18:23:44 Venres 22 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de unións civís

O procedemento de "rexistro de unións civís" regula a formalización e inscrición no correspondente rexistro das unións estables constituídas por persoas de distinto ou do mesmo sexo e as familias derivadas destas, así como as modificacións e remate da devandita unión, calquera que sexa a causa.

Persoas físicas que desexen formalizar unha unión de carácter estable, e que ademais os dous membros da parella estén empadroados no Concello de Laxe.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de rexistro de unión civil.
  • DNI/NIE dos contraentes. Copia do documento de identidade de ambos os dous membros da parella.
  • Declaración responsable asinada por ambos os dous membros da parella, segundo modelo:

Nome: Rexistro de unións civís.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.